Fin á segunda edición de 'Culleredo, de cine' coa entrega de diplomas ao alumnado participante

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, clausurou esta mañá a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’, cuxo obxectivo prioritario é o de consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI. Son 5 as pezas que elaboraron, que serán presentadas mañá, 8 de xuño, na Cullerciencia 2024. Participaron tamén no programa alumnas e alumnos do IES Rego de Trabe.

Ao acto acudiron a primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo; a directora do centro, Carmen Rodríguez Trelles; o director Hugh McGinley; Sara Gómez, guionista profesional, e Santiago Fernández, actor de escena e profesional da dobraxe.

Impartido en varias fases, con formación e tutela durante todo o proceso por parte do propio McGinley, pretendeuse detectar as debilidades e as fortalezas da nosa realidade á hora de definir o marco e os perfís; o desenvolvemento de historias sólidas, interesantes e facilmente convertibles á nova linguaxe audiovisual para evitar posteriores problemas en produción e post produción.

Tamén se formou aos e as mozas en aspectos técnicos, como os tipos de planos cinematográficos e os tipos de movemento de cámaras, deseño de storyboard e anotacións técnicas ao guión, o que se coñece como ‘plan de rodaxe’.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina