O Concello celebra o Festival BurgoJazz do 5 ao 8 de xullo no Botánico

Culleredo converterase un ano máis no epicentro da música jazz de Galicia acollendo a XXIII edición do Festival Burgojazz. A cita será, como é habitual, no Xardín Botánico do Burgo, do 5 ao 8 de xullo.

A concelleira de Cultura, Penélope López, presentou hoxe o cartel do festival. O acto celebrouse nesta ocasión no Conservatorio Municipal dado que unha das grandes novidades desta edición consiste en que alumnado do centro forma tamén parte do elenco de artistas por primeira vez. O Academy Quintet do Conservatorio ofrecerá o concerto de apertura o venres 5.

"É un orgullo para nós ver a canteira do noso Conservatorio protagonizando a inauguración do festival", confesou a edila aos compoñentes do quinteto, que acudiron á presentación xunto ao director do centro, Marcos Seoane.

Completarán o cartel o seguinte elenco: o venres, tras o alumnado soará Cris Regueiro Trío; o sábado, GDJAZZ 5TET e Cuarteto Emigrante; o domingo, Pablo Sanmamed TRÍO + Benxamín Otero, e Gabi Triana Quintet; e o luns pechará o festival Baptiste Bailly Trío.

Como é habitual, cada xornada comeza ás 20.30 horas, con dous concertos seguidos. O luns trátase dun recital único, ás 21.00 horas. A concelleira destacou "o ambiente sen igual" que se crea no Botánico para gozar dunha cita xa completamente imprescindible.

O Concello anima á cidadanía a achegarse ao paseo para comprobar o primeiro nivel das actuacións, combinándoo co Mercado Templario, que se celebrará no Burgo do xoves 4 ao domingo 7.

PROGRAMA

Apertura do Academy Quintet, do Conservatorio Municipal, o venres 5 de xullo ás 20:30 horas

O grupo está composto por Manuela, ao clarinete, Víctor, co vibráfono, Xulia, ao baixo, Xosé, ao piano, Gael, á batería, e a voz de Uxía. Os seus profesores, Cristian Leggiero e Salvador López, acompañaranlles nesta gran estrea. Trátase do primeiro escenario que visitan fóra do escenario do Conservatorio. Tocarán un jazz académico co que se abrirá o festival.

Cris Regueiro trío, o venres 5 de xullo ás 21.00 horas

A cantante, teclista e compositora Cris Regueiro descorcha a súa faceta creadora co seu primeiro proxecto como solista: unha aposta polo resaibo da escena neosoul anglosaxona, feita en Galicia e en galego. Forza, dinamismo e risco son a receita da súa música, que conxuga coidados arranxos con temáticas universais como o amor, a angustia ou a súa obsesión polo café. Acompañada por Bruno Couceiro á Batería e Ale Cambón ao baixo eléctrico, cun son moi coidado, presenta os seus temas en directos potentes e dinámicos que crean atmosferas envolventes e cambiantes.


GDJAZZ 5TET, o sábado 6 de xullo ás 20:30 horas

O quinteto do trompetista do jazz galego Javier Pereiro, propón unha excitante viaxe musical a través da interacción dos seus cinco integrantes, tomando como punto de partida e encontro a súa música orixinal.

 

Cuarteto EMIGRANTE, o sábado 6 de xullo ás 21:50 horas

Pablo Seoane ao piano, Rubén Fernández como vocalista, Virxilio dá Silva á guitarra e Macarena Montesinos, violonchelista, son catro músicos cunha bagaxe moi ampla na escena do jazz e o free. Nesta ocasión, ofrecerán unha viaxe sonora a través do folclore de territorios que conectan Galicia coas Américas. Un proxecto que ofrece un punto de vista das músicas populares, que amplía e profunda en conceptos creativos non habituais na interpretación das mesmas.

 

Pablo Sanmamed TRÍO e Benxamín Otero, o domingo 7 de xullo ás 20:30 horas

Comeza a funcionar en 2015 cun proxecto que presenta un repertorio integrado por composicións propias. Pablo Pérez ao contrabaixo, Benjamín Otero co oboe e corno inglés, Iago Mouriño ao piano e Bruno Couceiro marcando o ritmo á batería, son fieis á idea dos compases irregulares mesturados con partes líricas, buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridad do trío estándar. En 2023 gravan "Zugunruhe", un disco formado por 10 temas, oito deles orixinais e dous arranxos. Primeiro premio Martín Códax 2024 na categoría "jazz e músicas improvi-sadas".

 

Gabi Triana QUINTET, o domingo 7 de xullo ás 21:50 horas

Natural da Coruña e oncólogo de profesión, Gabi Triana é a voz masculina da Garufa Blue Devils Big Band, dirixida polo clarinetista, saxofonista e director Roberto Somoza desde hai xa unha década. Tocou e gravado en proxectos con diversos músicos, entre os que destaca o seu cuarteto xunto a Samuel Pérez, Quique Alvarado e Sergio Delgado. Miguel González, saxofonista, é músico, compositor e arreglista orixinario de Betanzos. Participou en masterclasses impartidas por profesores como Walter White, Steve Brown ou Tony Micelli.

Alber Grela, guitarrista, realizou numerosos cursos e colabora con diversos proxectos ou artistas tales como A Rue, Garufa Blue Devils Big Band ou Susana Seivane. Compaxina a súa actividade de músico profesional co ensino músical. Miguel Piñeiro ao contrabaixo, integra diversos proxectos con músicos como Abe Rábade, Rale Micic, Miguel Cabana ou Daniel Casares. Recibiu masterclass de músicos como Chris Cheek, Eliot Zigmund ou Jon Urrutia.

Brais Villar, batería, participa no Teatro Coliseum en importantes musicais coa "Stage Enterteinment". Profesor de batería e baterista de Moura, é integrante e colabora con numerosos proxectos con músicos tales como Abe Rábade, Rale Micic ou Roberto Somoza.


Baptiste Bailly Trío, o luns 8 de xullo ás 21:00 horas

Nacido en 1992, Baptiste Bailly descubriu o piano de forma autodidacta aos 15 anos, impulsado polo desexo de compor, de crear os seus propios microcosmos. Logo interesouse polo jazz, perfeccionando as súas habilidades en diversos cursos, cruzándose no seu camiño con algúns grandes pianistas como Aaron Parks ou Yonathan Avishai, deixando unha visión libre e ilustrada da improvisación.

En setembro 2024 sairá un disco novo, "A Fascinante", o repertorio que tocará no Xardín Botánico. Disco gravado cos dous músicos do trío, Etienne Renard e David Gadea, asi como con dous invitados: Bodek Janke (batería) e Efrén López (zanfona e guitarra fretless). "A Fascinante" ten moitas influencias tradicionais, destacadas no jazz e no universo europeo. Así, os tons mediterráneos, musette, orientais e celtas mestúranse con harmonías impresionistas e exprésanse a través da improvisación nunha contorna delicada e poética.

Vista previaAdjuntoTamaño
burgojazz-culleredo-2024.pdf757.9 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina