Orzamentos participativos 2025: Presenta a túa idea!

O Concello de Culleredo quere implicar a cidadanía para a elaboración dos orzamentos municipais de 2025. Para iso, os veciños e veciñas poden remitir as súas propostas, que deben ter vocación de interese xeral e ser de execución viable para a administración local.

O prazo para presentar achegas está aberto ata o 9 de setembro. Pódese realizar no correo electrónico participa@culleredo.es ou polo Rexistro Municipal.

As propostas deben contar cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do/a propoñente
  • De ser o caso, asociación ou entidade á que representan
  • Título e descrición detallada da proposta

Requisitos para presentar ideas, segundo o Regulamento de Participación Cidadá:

  • Persoas físicas: ter 18 anos cumpridos e figurar empadroadas desde o 31 de decembro de 2023
  • Persoas xurídicas: estar inscritas debidamente no Rexistro Municipal de Asociacións

As propostas recibidas serán informadas e asesoradas polo persoal técnico de cara á redacción do proxecto de orzamentos. Poderán supoñer ata un 25 % do anexo de investimentos.

O goberno de Culleredo anima a veciñanza a trasladar as súas ideas para adaptar ao máximo os orzamentos ás necesidades da cidadanía.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina