Contexto
A Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia establece a obrigatoriedade da limpeza e conservación de montes para as persoas propietarias. En concreto, determina que se debe xestionar a biomasa no ámbito das chamadas faixas secundarias e, se é o caso, retirar as especies arbóreas prohibidas.
As faixas defínense nos arredores de infraestruturas, vivendas e equipamentos. Conservalas correctamente é esencial para evitar a propagación de lumes en puntos especialmente sensibles.
No marco desta lexislación, o Concello de Culleredo, a Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Servizo Agrario Galego (SEAGA) asinaron un convenio para a súa xestión.
O persoal técnico do SEAGA acaba de realizar inspeccións no municipio de Culleredo, rexistrando as parcelas que incumpren estas obrigas. Con ditas actas de inspección, o Concello, dado que é a súa función dentro dese convenio, remitiu as correspondentes notificacións aos propietarios, tal e como indica a instrución 1/2018 da Consellería.
Que deben facer os propietarios que reciben a notificación?
Se están de acordo co contido, deben proceder á xestión da biomasa e retirar as especies arbóreas prohibidas nas faixas. Segundo a lei, son:
Especie | Nombre común |
Pinus pinaster. | piñeiro galego |
| piñeiro do país |
Pinus sylvestris. | piñeiro silvestre |
Pinus radiata. | piñeiro de Monterrey |
Pseudotsuga menziesii. | piñeiro de Oregón |
Acacia dealbata. | mimosa |
Acacia melanoxylum. | acacia negra |
Eucalyptus spp. | eucalipto |
Calluna vulgaris. | queiruga |
Chamaespartium tridentatum. | carqueixa |
Cytisus spp. | xesta |
Erica spp. | uz, carpaza |
Genista spp. | xesta, piorno |
Pteridium aquilinum. | fento |
Rubus spp. | silva |
Ulex europaeus. | toxo |
Pódense ver as faixas afectadas no visor: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
O prazo marcado nas notificacións para executar a limpeza é de 15 días naturais
Como actuar ante erros ou desconformidades coa notificación?
Ante casos como erros nas inspeccións ou datos que a persoa propietaria considera que non se axusta coa realidade da súa parcela, pódense presentar alegacións.
O trámite pode facerse no rexistro municipal ou na sede electrónica como instancia xenérica (https://sedeelectronica.culleredo.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=24). É imprescindible indicar na instancia o número de ID que figura na notificación recibida.
O departamento municipal de Medio Ambiente, situado na planta baixa da Casa do Concello, está axudando á veciñanza para realizar as alegacións.
Que consecuencias ten non cumprir coas obrigas?
No caso de non cumprir coa obriga, a Lei estipula que se poderán tomar diversas medidas por parte da Administración como a imposición de multas coercitivas, a execución subsidiaria conforme aos prezos estimados e a incoación dun procedemento sancionador
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER