O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar á veciñanza unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal. O CEIP Vila de Rutis acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, fóra de fins de semana e festivos, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
O Concello de Culleredo propón para finais de novembro unha nova edición das súas ‘Xornadas micolóxicas’. Celebraranse do 23 ao 25 deste mes, e dentro do programa as persoas inscritas poderán acudir a varias charlas, unha saída de campo e o showcooking final. Estarán dispoñibles 30 prazas, sendo a maior parte de actividades no Centro de Formación e Emprego Pablo Picasso.
O Concello de Culleredo prepara un amplo programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Baixo o título ‘Novembro contra as violencias machistas’ organizaranse talleres, xornadas, entrevistas radiofónicas e varias citas culturais.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, impulsa este novembro catro talleres para as mozas e mozos da localidade.
Hoxe, venres 3 de novembro, comeza o XLVI concurso-exposición ornitolóxico da Sociedade Coruñesa de Canaricultura na Aula de Natureza do Xardín Botánico de Culleredo.
O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), organiza un obradoiro XOGOS DE ROLES OCULTOS. Terá lugar o sábado 28 de outubro no Centro Virginia Blanco (Fonteculler) en horario de 18:00 a 21:00 horas, e está destinado para a poboación de entre 12 e 30 anos e cun límite de 15 prazas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER