A Xeca e Rosalía de Castro organizan no Pazo de Vilaboa a Cena Anual da Muller 2020

As asociacións cullerdenses A Xeca e Rosalía de Castro, como é tradición, organizan a cea baile anual 2020 con motivo da celebración do Día da Muller. O evento terá lugar no Pazo de Vilaboa, o día 14 de marzo, ás 21:30 horas.

Portavoces das dúas entidades manifestan que teñen como obxectivo duplicar o número de asistentes da pasada edición, tendo en cuenta que é o seu 25 aniversario. Por iso animan a todas as mulleres a unirse a esta festa e que non se perdan a gran oportunidade de encontro.

Para participar no evento, as persoas interesadas poderán inscribirse chamando aos seguintes teléfonos: 639 51 34 66 (María) e 658 29 45 55 (Lolita).

Culleredo extremará a vixilancia policial para loitar contra as verteduras incontroladas no medio rural

O Concello de Culleredo loitará contra as verteduras incontroladas de residuos reforzando a vixilancia policial. 

Culleredo demanda unha solución ás operadoras de telefonía pola falta de servizo á veciñanza desde hai máis dun mes

O Concello de Culleredo contactou con empresas operadoras de telefonía ante os problemas que están a padecer algunhas veciñas e veciños do municipio.

Culleredo da a coñecer o patrimonio pictórico de Lugrís aos escolares do municipio

Culleredo deu a coñecer aos escolares do municipio o patrimonio pictórico de Urbano Lugrís, do que hai varias obras na igrexa de Vilaboa. En total, 55 nenas e nenos de 4º de primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo puideron contemplar os cadros do pintor, e aprender os principais motivos da súa obra.

 

 

Entroido 2020 en Culleredo

Culleredo está preparándose para a chegada do Entroido. 

Dragona Ramona, por partida dobre este febreiro

A Dragona Ramona visitará Culleredo este febreiro por partida dobre! 

Culleredo apúntase á Revolución da edificación verde con 5 módulos de formación

O 3 de febreiro dará comezo en Culleredo o programa EmpleaVerde “Construíndo Economía Circular” dirixido a persoas desempregadas. Son un total de 5 cursos, de entre 50 e 100 horas enfocados no sector da bioconstrución, as enerxías renovábeis e a economía circular.

"Miradas do Imperio", de Alfredo Erias

O Xardín Botánico do Burgo acollerá este venres a inauguración da exposición ‘Miradas  do Imperio’, cuxo autor é Alfredo Erias. Será ás 20:00 horas na aula Juan  Lembeye, e estará aberta ata o 21 de marzo de 2020.

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS MATRICULADAS NA ACTIVIDADE DA CORAL DE ADULTOS DO CONSERVATORIO DE CULLEREDO

O Concello de Culleredo vén de comunicar a listaxe definitiva de persoas matriculadas na actividade de coro do Conservatorio Municipal de Música. 

 

Nova actividade do programa EducaCulleredo

O auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo foi testemuña esta mañá dunha nova actividade do programa EducaCulleredo, impulsado polo  Concello de Culleredo e a través do cal pretende complementar o ensino con actividades dinámicas e lúdicas, que permitan ás alumnas e alumnos aprender de maneira divertida. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina