Dispositivo especial de seguridade con motivo das festas de Vilaboa

Vilaboa vivirá desde o venres 12 de xullo, e ata o martes 16 do mesmo mes, unha ampla programación das festas patroais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil. 

Obradoiro de creatividade para fomentar o espírito científico

O mércores 17 de xullo ás 11:30 horas terá lugar o obradoiro de creatividade para fomentar o espíritu científico. 

Concertos no Xardín

Do 10 ao 12 de xullo terán lugar no Xardín Botánico do Burgo os 'Concertos no Xardín'.

Obradoiro de papiroflexia

Este mércores arrinca o 'Obradoiro de Papiroflexia' para nenas e nenos a partir de 8 anos.

 

INCHABLES DE AUGA EN VILA MELANIA

O sábado día 13 de xullo e o domingo 14 de xullo haberá inchables de auga en Vila Melania e outros xogos tradicionais.

Verán Movidiño 2019

O Concello de Culleredo promove para esta verán, actividades saudables para todos os públicos a través do programa 'Verán Movidiño'. 

Mercado Templario 2019

O Mercado Templario celebrarase no Paseo Marítimo do Burgo entre os días 4 e 7 de xullo. 

Burgojazz 2019

O Burgojazz celebrarase do 5 ao 8 de xullo no Xardín Botánico da ría do Burgo.

II Campus UDJ Almeiras

Despois do éxito da tempada pasada, a UDJ Almeiras repite e organiza no campo de fútbol dos Loureiros, xunto ao polideportivo e ao parque público, un campus de verán para nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2015.

Será unha semana de actividades donde o club quere amosar a súa filosofía no fútbol base, unha idea basada nunha metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe de calidade para os nenos e nenas.

Dentro das actividades que se realizarán, terán lugar as de primeiros auxilios, xogos tradicionais, xogos de auga, deportes de raqueta e, ademais do fútbol, os rapaces e rapazas poderán practicar baloncesto, balonmán ou bádminton.

Os prezos oscilan entre os 30 euros para os socios, e os 40 euros para as persoas que non o sexan, cun desconto do 20% a partir do segundo fillo. Está incluída unha equipación deportiva e o seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Adxuntamos o arquivo .pdf con toda a documentación.

Obradoiro 'Quero ser youtuber'

O día 8 de xullo comeza o obradoiro 'Quero ser youtuber'. Terá lugar os luns, os mércores e os venres, en horario de 11:00 a 13:00 horas no centro cívico Virginia Blanco, de Fonteculler.

Queres anotarte? Adxuntamos o arquivo do formulario nesta nova. Descárgao e entrégao por mail á dirección cipax@culleredo.es, mandar un whatsapp cos teus datos ao número 620 008 450 ou achegarte ao Edificio Municipal Pablo Picasso, en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres. 

Esta actividade prolongarase ata o 19 de xullo. 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina