Tablón

Campamento urbano de Nadal 2015

O Concello de Culleredo ofrece unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, agás fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

Información sobre subvencións e axudas concedidas no 3º trimestre do ano 2015

De acordo co artigo 19 da Ordenanza municipal de Transparencia, acceso á información e reutilización, publícase a información sobre as subvencións e axudas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade.

 

Información sobre subvencións e axudas concedidas no 2º trimestre do ano 2015

De acordo co artigo 19 da Ordenanza municipal de Transparencia, acceso á información e reutilización, publícase a información sobre as subvencións e axudas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade.

XVIII Campionato de Tute Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo informa sobre a nova edición do seu campionato de tute. A primeira fase comeza en novembro e a segunda, coas parellas clasificadas, en marzo do 2016.

Teatro en Culleredo: "O principio de Arquímedes"

O grupo cullerdense Teatro do Atlántico cumpre 30 anos e os celebra representando a obra "O principio de Arquímedes". Será o venres, 27 de novembro, ás 20:30 horas no Conservatorio Municipal.

Coñece a túa factura de electricidade e aprende a reducila

Os veciños de Culleredo terán a oportunidade o vindeiro lunes, 23 de novembro, de aprender os detalles da factura de electricidade e coñecer métodos para reducila. ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolverá una aula sobre os dereitos dos consumidores en materia enerxética.

Viaxe dos maiores á ría de Ares

O Concello de Culleredo lanzou a inscrición para a próxima saída dos maiores: unha excursión á ría de Ares. Terá lugar o sábado 14. A actividade enmárcase no programa de visitas a paraxes naturais que están a efectuar os maiores.

As actividades culturais comezarán o 3 de novembro

O Concello de Culleredo anuncia que o próximo día 3 de novembro darán comezo as actividades municipais das áreas de Cultura, Deporte e Benestar Social.

Charla informativa sobre o Sistema de Garantía Xuvenil

O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (Cipax),  organiza o mércores, 4 de novembro, unha charla informativa sobre o programa Garantía Xuvenil.

Relación de inscritos nos Cursos de Micoloxía

O Concello publica as listas provisionais da preinscripción da XXI edición dos Cursos de Micoloxía 2015. Na segunda edición aínda quedan prazas vacantes

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina