Actividade Municipal

Xornada sobre a doazón e o transplante de órganos

O luns, 11 de xuño, a sala de vídeo do Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a partir das 17 horas unha xornada titulada "O que debes de saber sobre a doazón de órganos e nunca che contaron", organizada polo Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Transplantes 'Airiños'.

 

Concerto didáctico de Arco Iris

Este venres, ás 17:30 horas, chega ao Conservatorio de Música de Culleredo o concerto didáctico para nenos de Arco Iris.

Unha experiencia de aprendizaxe interactivo, visual e, por suposto, auditivo. Os asistentes gozarán da música dunha forma divertida e diferente.

Resultados do torneo de Chave 2018

O 12 de maio o Campo de Almeiras acolleu o 37 Torneo Municipal de Chave 'Concello de Culleredo', do que resultou gañador o club 'Aldea', con Antonio Noya e Rafael Uzal. 

Vacantes no Conservatorio para o curso 2018-2019

O Concello de Culleredo publica as vacantes coas que conta nos primeiros cursos dos graos elemental e profesional do Conservatorio Municipal de Música. En total, o centro de ensino oferta un total de 55 prazas repartidas en iniciación e nos graos elemental e profesional.

Listaxe de admitidos/as nas Mañás de Campamento 2018

O Concello de Culleredo publica a listaxe de admitidos/as nas XIX Mañás de Campamento que terán lugar este verán. Foron aceptadas todas as solicitudes entregadas en prazo.

Excursión a Agolada

O sábado 12 de maio hai programada unha excursión a Agolada (Pontevedra), pertencente ao programa Clube +65 de Dinamización Comunitaria. 
 

Feira de Artesanía de Culleredo

O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, terá lugar outra edición máis da Feira de Artesanía do Concello de Culleredo, que se celebrará na Praza Europa do Burgo. 

 

Excursión a Ribeira e Rianxo

O sábado 14 de abril levarase a cabo unha excursión a Ribeira e Rianxo, dentro do programa de actividades do Club+65, de dinamización comunitaria

Presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña

Este mércores ás 18 horas o Pazo de Vila Melania acollerá a xornada de presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña (ADACECO).
 

Saída ao balneario das Augas Santas (Pantón)

O próximo 6 e 7 de marzo o Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria, organiza unha saída ao balneario das Augas Santas, en Pantón. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina