Cultura

O Conservatorio de Culleredo abre as súas clases ao público nas xornadas de portas abertas

Para animar ás familias a optar a algunha das vacantes, o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo celebra hoxe, mércores 5, e mañá xoves 6 de xuño, as súas primeiras xornadas de portas abertas. Quen se achegue á dependencia municipal situada en Acea de Ama poderá acceder ás clases como observador e presenciar como se manexan os alumnos cos seus instrumentos. As portas abertas desenvolveranse entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Culleredo celebra en xuño o seu primeiro Festival do Humor con actuacións de recoñecidos artistas

O goberno de Culleredo amplía o seu abanico de programación cultural coas miras postas no humor. O Concello organiza durante os venres de xuño a primeira edición do Festival do Humor, que levará ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a recoñecidas figuras do xénero. O programa componse de monólogos, un taller de risoterapia e unha charla sobre o humor en Galicia. O prezo do abono é de 20 euros e de cada actuación solta, 7 euros.

La Trova Coruñesa avanza o seu novo disco cun concerto o venres 31 no Burgo

Culleredo continúa incrementando as variedades culturais que ven acollendo semana tras semana coa actuación do grupo “La Trova”, previa á presentación oficial do seu novo disco “Nuevo Aire”. O concerto, con entrada de balde, terá lugar e venres, 31 de maio, ás 21.00 horas, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Carlos Ares, con El Ruiseñor, emociona no seu concerto no Conservatorio de Culleredo

O artista Carlos Ares logrou onte sábado pola noite un cheo no auditorio do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. O músico ofreceu un concerto, moi especial por tratarse do lugar onde creceu na súa formación. Así o lembrou Ares no inicio do recital. que estivo acompañado para a escenografía por compoñentes da compañía de teatro El Ruiseñor, de Culleredo.

Culleredo lembra a Vidal Bolaño, quen actuou no Burgo en diversas ocasións, cun concierto infantil

O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura, celebra o Día dás Letras Galegas que lembra a Roberto Vidal Bolaño, autor que mantivo en vida unha relación co municipio.  O venres 17, terá lugar un concerto musical infantil no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a partir das 19.30 horas. O Concello pospón por tanto as actividades ao aire libre previstas polas copiosas previstas.

Culleredo suspende as actividades ao aire libre das Letras Galegas polo mal tempo previsto

O Concello de Culleredo informa da suspensión das actividades ao aire libre previstas para o vindeiro venres 17, para celebrar a festividade do Día dás Letras Galegas. A mala previsión meteorolóxica para esa xornada, con choivas copiosas, levan ao goberno local a esta decisión, ao considerar que existe alto risco de que non se puidese celebrar ou de que quedase totalmente deslucido.

O Concello celebrará as Letras Galegas cunha Feira de Artesanía no Burgo

O Concello de Culleredo organiza para o 17 de maio, día das Letras Galegas, unha Feira de Artesanía. Terá lugar na praza de Europa do Burgo desde as 12.00 horas. Participarán 40 artesáns e haberá actuacións folclóricas e un festival infantil. Finalizará a xornada cun concerto para nenos no Edificio de Servizos Múltiples.

Programación especial das Letras Galegas nas Bibliotecas de Culleredo

O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial de actividades na Biblioteca do Burgo en conmemoración do Día das Letras Galegas que homenaxea a Roberto Vidal Bolaño. Os nenos das diferentes idades poderán participar en actividades coma obradoiros e contacontos para celebrar este día da literatura galega.

A canteira cullerdense de teatro prepara a súa estrea para a fin de semana

As pequenas promesas do teatro de Culleredo están xa ás portas da gran estrea das súas obras. Será o próximo fin de semana, con sesións o sábado 4 ás 20.00 horas e o domingo 5 ás 19.00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, cando a compañía de teatro El Ruiseñor,  presente á súa canteira ante o público. O Concello augura cheo total no auditorio.

O Xardín Botánico do Burgo acollerá un obradoiro de fotografía ambiental

O Xardín Botánico do Burgo acolle a celebración un obradoiro de fotografía ambiental, enmarcado no III Congreso Natureza e Imaxe que organiza o CEIDA, en colaboracion co Concello de Culleredo. Terá lugar os vindeiros días 9 e 10 de maio. Será impartido por Fran Nieto, fotógrafo especializado en macrofotografía e paisaxe.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina