O Concello de Culleredo informa da oferta de prazas vacantes para as escolas de natación, organizadas a través do Club Natación Culleredo, de cara a este inicio de ano 2014.
O Nadal en Culleredo tamén ofrece espazos reservados para o deporte. Os distintos eventos deportivos que se celebrarán entre os vindeiros sábado e domingo no municipio, organizados por distintos clubs apoiados polo Concello, reunirán a máis de medio milleiro de participantes de todas as idades.
O Nadal de Culleredo tamén practicará deporte. O Concello colabora con tres clubs do municipio para lanzar tres campamentos deportivos de balonmán, fútbol e patinaxe artística que se desenvolverán nas vacacións escolares.
Con só 12 anos de idade, a pequena Noelia Bacariza xa conta no seu haber con 6 campionatos galegos en ximnasia artística. Con motivo da súa recente vitoria, a deportista foi recibida polo alcalde, Julio Sacristán, nun acto celebrado para recoñecer os seus meritorios resultados.
O Concello de Culleredo abre o período de inscrición nos grupos de actividades que aínda dispoñen de prazas vacantes, tras a conclusión do proceso inicial de matrícula e o inicio das actividades. En total, son 10 as modalidades que contan con prazas nalgún dos grupos creados.
O Centro Cultural de Almeiras, a través do Club de Dardos, organiza este sábado 28 un evento moi especial, con carácter solidario. Trátase do I Torneo de Dardos Punta de Acero, en favor da Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo.
O Club de Natación Albatros, co que colabora o Concello de Culleredo, prepara a campaña de natación para a nova tempada. Os cursos comezarán o 30 de setembro, prolongándose até o 13 de xuño de 2014.
O Concello de Culleredo celebrou esta fin de semana a conclusión de tradicionais e novas competicións de fútbol. O Sporting Burgo venceu nos trofeos de Veteranos e Afeccionados, mentres que O Portazgo SD gañou a primeira edición do torneo de fútbol-8 alevín
O Concello de Culleredo potenciará a práctica de patinaxe artística entre os veciños. O venres finalizou a primeira edición do campus de patinaxe, organizada polo recentemente creado Club Aura e o Concello.
O Concello de Culleredo abre o prazo de solicitudes para o uso de instalación deportivas municipais. Os interesados poden formalizar a petición ata o vindeiro 20 de setembro.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER