Despois de moitos anos de traballo, parece que o 15 de outubro de 2010 teremos implantada a "TARXETA UNICA DE TRANSPORTE METROPOLITANO", que se poderá utilizar en todas as empresas de transporte de Galicia, quere dicir que a podes utilizar o mesmo na área de A Coruña que na Área de Santiago ou Pontevedra.
No que se refire a Área de A Coruña funcionará do seguinte xeito:
2.1.1 Incremento da oferta nas liñas de predominante interese municipal.
O incremento da oferta dos servizos de interese municipal determinouse de xeito consensuado con tódolos concellos que conforman a ATM da Coruña. As novas liñas
deberán ser materializadas mediante contratos-programa e financiadas, na súa totalidade, polos propios concellos.
Deste xeito, a nova oferta de servizos de interese municipal nos concellos da ATM da Coruña, queda definida na seguinte táboa.
Táboa 1. Incremento da Oferta dos Servizos de Interese Municipal (SIM)
CONCELLO |
LIÑA |
PERCORRIDO |
EXPEDICIÓNS |
CAMBRE |
CCAMBM-2 Cambre-Andeiro |
Cambre-A Patina-Os Campóns-A Cabana-Anceis-Mercurín-Andeiro-Gosende-Tabeaio-Altamira-Cruce A Rocha-A Cabana-Os Campóns-Cambre-A Patina |
16 expedicións diarias L-V Laborais
|
CCAMBM-3 Cambre-Polígono Espíritu Santo |
Cambre-A Patina-Armental-Pravio-Apeadeiro de Cecebre-Lendoiro-Polígono Espíritu Santo-Pravio- Cambre- A Patina |
14 expedicións diarias L-V Laborais
|
|
CCAMBM-4 Cambre-Meixigo |
Cambre-Patiña-Cela-Meixigo-Patiña-Cambre |
14 expedicións diarias L-V Laborais |
|
CARRAL |
CCAM-1 Carral-Gosende-Carral |
Carral-Coiro-Cañás-Segude-Gosende-Segude-Cañás-Coiro-Carral |
4 expedicións diarias L-V Laborais |
CCAM-2 Carral Circular 1 |
Carral-Cabrois-Urb. O Xalo-Cruce Alto do Xalo-Urb. O Xalo-Folgueira-Vilaverde-A Brexa-Carral |
4 expedicións diarias L-V Laborais
|
|
CCAM-3 Carral Circular 2 |
Carral-As Cavancas-Quembre-A Horta do Conde-Barcia-A Cabra-Central Térmica de Meirama-A Cabra-Lamedal-Lale-Barcia-A Horta do Conde-Quembre-As Cavancas-Carral |
4 expedicións diarias L-V Laborais
|
|
CULLEREDO |
CCUM-1 O Burgo-Vilaboa |
Apeadeiro do Burgo-Haley-Centro de Saúde-Vilaboa-O Bosque-Tarrio-Culleredo |
29 expedicións diarias L-V Laborais |
OLEIROS |
COLM-3 Lorbé-O Burgo |
Lorbé-Dexo-Cubo-Mera-Maianca-Broño-Os Galgos-Arillo de Arriba-Rialta-Abeleiras-Franzomel-Santa Cruz-Coruxo-A Ferralla-A Barreira-Oleiros-Iñas-Morzán-Vilares-Vilanova-Xardín de Nos-A Veiga-San Pedro-Costa Tapia-Apeadeiro do Burgo |
15 expedicións diarias L-V Laborais
|
SADA |
CSAM-1 Sada Circular |
Sada 1-Sada 2-Fontán-Espiñeiro-A Pereira-Campo dasMantas- Agra-O Chan da Aldea-Taibó-A Lamela-Fortiñón-Carta-Cacharrete-Mosteirón-A Esperela- Machado-Castelo-A Hedreira-Os Cabidos-Mandín-Costa-Campo de Sar-Alborelle-Obra de Paño-O Castro-Samoedo 1-Samoedo 2-Samoedo 4-Sada 1 |
16 expedicións diarias L-V Laborais |
A fixación definitiva dos itinerarios, horarios e calendarios das expedicións farase nos Contratos-Programa a firmar cos diferentes operadores de transporte. En caso de existir varios concesionarios afectados, a Xunta de Galicia procurará en primeiro lugar o acordo entre operadores. En caso contrario, promoverá as medidas lexislativas oportunas para materializar este incremento de oferta no menor tempo posible.
2.1.2 Incremento da oferta no transporte metropolitano da ATM da Coruña.
O incremento da oferta nos servizos de interese metropolitano determinouse para mellorar a acesibilidade dos diferentes núcleos poboacionais dos distintos concellos que compoñen a ATM da Coruña. Deste xeito, e de maneira consensuada, incrementouse a oferta nuns casos, en liñas metropolitanas xa existentes e, noutros casos, coa creación de novas liñas para facilitar a conectividade con zonas residenciais emprazadas noutros municipios diferentes ao municipio cabeceira.
A seguinte táboa amosa o incremento de servizos de interese metropolitano acordado entre as diferentes administracións implicadas.
Táboa 2. Incremento da Oferta dos Servizos de Interese Metropolitano (SIMe)
CONCELLO |
LIÑA |
PERCORRIDO |
EXPEDICIÓNS |
ABEGONDO/BETANZOS |
CABM-2 Betanzos Abegondo |
Abegondo-Betanzos |
4 expedicións diarias L-V Laborais |
BERGONDO |
CBEM-2 Sada-San Cidre |
Sada-Costa de Ouces-O Casal-Lubre-Armuño-Espiritu Santo-A Campiña- San Cidre |
8 expedicións diarias L-V Laborais
|
BERGONDO |
CBEM-3 Betanzos-Sada |
Sada-Marina-A Lagoa-Tatín-Gandarío-Moruxo-San Isidro-Cruz do Mar-Banco-Panchón-Calias-Modelo-Ponte de Ferro-Angustias-Pontenova- Betanzos |
4 expedicións diarias
|
BERGONDO-BETANZOS |
CBEM-1 Betanzos-San Cidre |
San Cidre-Babío-Rois-A Fraga-Betanzos |
4 expedicións diarias L-V Laborais |
CAMBRE |
CCAMBM-1 A Coruña-A Mota por polígonos industriais |
A Coruña-Polígono Oleiros-Polígono Cambre-Polígono Bergondo-A Mota-Cambre |
6 expedicións diarias
|
CAMBRE/CULLEREDO |
CM-1 A Coruña-Cambre Directo |
Cambre-A Barcala-O Burgo-A Coruña |
32 expedicións diarias |
CARRAL/CAMBRE/CULLEREDO |
CM-2 A Coruña-Carral por Almeiras |
Carral-Altamira-A Pena-A Telva-O Burgo-A Coruña |
20 expedicións diarias |
OLEIROS |
COLM-1 Coruña-O Carballo-Oleiros |
Glorieta Pazo de Arenaza-Cobada-Miraflores-A Cruz-Cristo Rey-O Carballo N-VI-Mesón da Agua-Fortaleza-Raqueta-Graxal-O Seixo-Beiramar-Christian de Jaba-Bodegas P.-Perillo-Pasaxe-Montserrat-Materno Infantil-Residencia Juan Canalejo-Os Castros-Gaiteira-A Coruña |
32 expedicións diarias L-V Laborais
|
OLEIROS |
COLM-2 A Coruña-Montrove-Oleiros |
Oleiros-A Pezoca-Os Regos-As Pedreiras-Residencia Agarimo-Lamastelle-Montrove-Solana-Lucín-Christian de Jaba-Bodegas P.-Perillo-Pasaxe-Montserrat-Materno-Infantil-Residencia Juan Canalejo-Os Castros-Gaiteira |
32 expedicións diarias L-V Laborais |
A fixación definitiva dos itinerarios, horarios e calendarios das expedicións farase nos Contratos-Programa a firmar cos diferentes operadores de transporte. En caso de existir varios concesionarios afectados, a Xunta de Galicia procurará en primeiro lugar o acordo entre operadores. En caso contrario, promoverá as medidas lexislativas oportunas para materializar este incremento de oferta no menor tempo posible.
Seguiremos informando
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER