Veciños/as de Culleredo.
Como consecuencia do Convenio asinado polos Concellos da Área de A Coruña e a Xunta de Galicia, dende o día 31 de decembro, estase a por en funcionamento o novo sistema de transportes, a nova tarxeta, a tarxeta a cal, deixan de penalizarse os transbordos.
A tarxeta nova vale para todos os buses e liñas que actúan na Coruña e Área Metropolitana.
O calendario de actuacións previsto para a Área de Transporte Metropolitano de A Coruña e o que segue:
Dispoñibilidade das tarxetas nas 18 oficinas comercializadoras da Nova Caixa Galicia na Área TMG da Coruña: 31.12.2010
Reparto postal da nova TMG: Comeza o 10.01.2011
Implantación do novo sistema tarifario e transbordo: 24.01.2011. Ata ese momento o usuario poderá operar coas novas tarxetas TMG no sistema quilométrico vixente actualmente.
Implantación dos aforros por recorrencia: 01.02.2011. Debe comezarse o primeiro día de mes xa que se calcula por meses naturais.
Negociación e Implantación de SIMus e SIMes:
Semana do 10.01.2011 e semana do 17.01.2011: reunións cos operadores implicados.
Semana do 24.01.2011: reunións conxuntas cos aperadores e cos concellos afectados.
Marzo 2011: Inicio dos SIMus e SIMes na área a medida que se vaian aprobando os contratos - programa polo Consello da Xunta.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER