Comeza a construción de sendas peatonais, pasos de cebra elevados e asfaltado na contorna do colexio Rías Altas

O Concello de Culleredo aproveita o período vacacional de Semana Santa para acometer os traballos de mellora de seguridade viaria na contorna do colexio Rías Altas, na Zapateira. A rúa Río Mandeo permanece cortada ao tráfico para propiciar a execución de obras destinadas tanto a mellorar o firme da rúa como a facilitar o paso seguro de viandantes, medidas tomadas tras as conversacións mantidas entre o goberno municipal, os veciños e a dirección do colexio.

O proxecto consiste na construción de sendas peonís na contorna da entrada ao centro de ensino. Este espazo reservado aos peóns, que permitirá un acceso máis seguro ás dependencias do colexio, terá un ancho de 1,5 metros en ambas as marxes da estrada.

Precisamente, os viandantes disporán de cruces seguros da rúa Río Mandeo para entrar no recinto educativo. A actuación contempla a creación de dous pasos de peóns que se elevarán para obrigar aos veículos a reducir a súa marcha nuns puntos de especial sensibilidade polo cruzamento dos alumnos.

Ademais, a obra que emprende o Concello inclúe o asfaltado da rúa na contorna do colexio. Tamén se procederá á sinalización dos aparcadoiros. No resto da calzada procederase ao seu rebacheado.

En total, o montante da actuación ascende a 41.000 euros e o equipo de goberno prevé que se complete de cara á continuación das clases.

 




Máis transporte escolar

O Concello de Culleredo entende que estas medidas valerán para mellorar a situación na que se atopaban os accesos ao colexio, tanto para a circulación como para os peóns, pero que non constituirán a solución definitiva.  Esta só se alcanzará co incremento do uso do transporte escolar, evitando así que se acuda masivamente ao centro en vehículos particulares.

O goberno local apunta que os colapsos nas horas de entrada e saída das clases é un denominador común na maioría dos colexios da Zapateira e entende que a solución pasa tanto o establecemento de medidas por parte das administracións e entidades competentes, á vez que se require a maior das prudencias por parte dos usuarios para evitar incidencias.

Precisamente, dada a gran afluencia de vehículos particulares que colapsan a rúa Río Mandeo nas horas de acceso ao colexio Rías Altas, o Concello acordou unha serie de medidas de seguridade coa dirección do centro de ensino. Neste sentido, a diario, nas horas de entrada e saída das clases, membros de Protección Civil de Culleredo atópanse no lugar efectuando labores de vixilancia e asistencia ante posibles eventualidades

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina