O Concello de Culleredo comeza as obras de construción dun novo centro social municipal que dará servizo aos veciños do núcleo de Castro, en Vilaboa. O centro completará as instalacións públicas deste núcleo que dispón na mesma zona dun parque infantil e unha pista deportiva cuberta.
A dependencia nace coa necesidade de dar un servizo de carácter cívico aos veciños, cunha dotación que completase o conxunto de equipamentos da zona. A idea da proposta consiste en aloxar nun edificio sinxelo e flexible os múltiples usos que se poidan levar a cabo organizados tanto polos veciños como polo propio Concello a través dos diferentes programas que desenvolve ao longo do ano.
A obra tratarase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. A nivel da pista deportiva, contará cun soportal para usos múltiples, posibilitando dar servizo aos distintos eventos que se realicen na contorna.
O investimento previsto na construción deste novo centro social supera os 260.000 euros.
Coa realización da actuación, o Concello dotará ao núcleo de Castro dun conxunto de equipamentos dos que carecía. Ás obras do centro que agora comezaron hai sumar a construción da cuberta da pista polideportiva, realizada en 2009 cun montante doutros 240.000 euros.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER