Julio Sacristán, proclamado alcalde de Culleredo

Investidura alcalde

A nova corporación cullerdense, resultante das eleccións municipais do 22 de maio, proclamou na mañá de hoxe 11 de xuño a Julio Sacristán como alcalde de Culleredo. Na sesión de investidura, o socialista contou cos votos dos 8 concelleiros do PSOE e dos 3 edís do BNG, o que lle proporcionou a maioría absoluta. O PP e APdC, cada un con 5 concelleiros, presentaron candidato e votáronse a si mesmos.

No seu discurso de investidura, Sacristán quixo trasladar o seu máximo agradecemento aos cidadáns por facer que o PSOE seguise sendo a forza máis votada do municipio, e aos concelleiros que lle mostraron o seu apoio para recibir o bastón de mando.

O alcalde resaltou que o novo mandato entraña unha situación difícil e complicada pola crise económica que sofren as familias e as administracións e institucións públicas pero apelou ao diálogo e consenso coas asociacións e entidades e coas formacións políticas para facer que Culleredo avance.

Sacristán deu así mesmo algunhas pinceladas dos retos que se propón para o seu novo goberno: a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o desenvolvemento da administración electrónica, a seguridade, e a realización dun plan de formación para a mocidade que empuxe á súa inserción laboral.
Investidura alcalde

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina