O PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo veñen de acordar o pacto de goberno para o mandato 2011-2015 tras o resultado das eleccións celebradas o pasado 22 de maio.
O alcalde de Culleredo,Julio Sacristán, mostra a súa satisfacción polo acordo alcanzado co BNG para asinar o pacto de goberno. O rexedor apunta que ambas as forzas teñen a "máxima ilusión e compromiso" por traballar de xeito conxunto nun mandato que se aventura difícil e que estará caracterizado fundamentalmente pola redución de ingresos.
Pola súa banda, Raquel Jabares asegura que o pacto de goberno responde á "vontade manifestada pola cidadanía de que ningunha forza goberne en solitario". A nacionalista indica que o acordo se fundamenta nun crecemento do benestar e do emprego, dentro das competencias locais. Para Jabares, que o BNG xestione a área de benestar constitúe unha garantía.
Desenvolvemento equilibrado
O pacto de goberno entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo contén unha parte xustificativa, na que ambos os grupos se comprometen a:
- Comprométense ao desenvolvemento equilibrado desde o punto de vista territorial e ambiental, apostando por un modelo sustentable, comprometéndose a pór en información pública nun ano a PXOM.
Serán liñas prioritarias de actuación a promoción económica, o Plan de Formación para Mozos Desempregados, a loita contra o fracaso escolar e as políticas sociais.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
acordo_culleredo_bng-psoe_2011.pdf | 80.95 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER