Aínda que cada ano diagnostícanse no mundo 350.000 novos casos de linfoma, segundo os datos de AEAL, so o 16% da poboación sabe que padece este tipo de cancro.
Esta patoloxía, un conxunto de enfermidades neoplásicas do sistema linfático, ten uns síntomas fácilmente confundibles con outras enfermidades, como a gripe ou a mononucleose. Coñecer a sintomatoloxía –febre, cansancio, perda e inflamación dos ganglios– favorece, ademáis dun diagnóstico precoz, unha resposta mais eficaz e unha mellora substancial do pronóstico.
Unha enfermidade curable
De feito, na actualidade, e grazas ao avance nos tratamentos –quimioterapia, radioterapia, inmunoterapia, trasplante de médula ósea e os anticorpos monoclonais– e a coñecida como terapia dirixida, ás taxas de curación do linfoma, son bastante elevadas e está permitindo o establecemento de novos protocolos de investigación para unha abordaxe óptima.
Un ano máis, e co obxetivo de aumentar o coñecemento e información sobre esta enfermidade, AEAL co apoio do Concello de Culleredo serán os encargados en Galicia de organizar os actos do Día Mundial do Linfoma:
Para tal fin, están previstas en Culleredo as siguientes actividades:
Xoves 15 setembro
ENTREVISTA RADIOFÓNICA EN RADIO CULLEREDO
Ás 13:30 horas
Intervirá:
Natalia Bermúdez, responsable de relacións institucionais de AEAL
MESA REDONDA “PODERÍA SER LINFOMA, INFÓRMATE”
De 19:30 a 21:00 h no Salón de Actos do Pazo Vila Melania
Intervirán:
Dra. Pilar Veiga Ares, médica de atención primaria do Sergas
Dr. Rubén Vázquez Fernández, Médico adxunto do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).
Cristina Piñeiro Couce, paciente.
Lidia María Pato Pedreira, familiar de paciente.
Presenta:
Rocío Sampedro Díaz, Concelleira de Sanidade e Igualdade do Concello de Culleredo.
Modera:
Francisco Hurtado Durán, Delegado de AEAL en A Coruña.
COLOCACIÓN DE MESA INFORMATIVA DE AEAL
De 16:00 a 19:00 h na entrada do Paseo Marítimo de O Burgo (Culleredo)
Sobre AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma e Leucemia
AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma y Leucemia, foi constituida por pacientes, o 8 de outubro de 2002 e desde decembro de 2006 é unha asociación declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior. Os obxectivos de AEAL son a formación, información e apoio aos afectados por enfermedades oncohematolóxicas.
Más información en
www.aeal.es