O Concello de Culleredo, a través da canle habilitada pola Fegamp, informa das diferentes medidas adoitadas pola propagación do coronavirus COVID-19. Aquí se relacionan os principais acordos do Goberno do Estado e da Xunta de Galicia
O Concello de Culleredo recibiu na mañá de hoxe a comunicación oficial da Xunta de Galicia anunciando a apertura do novo Centro de Saúde do Portádego para o vindeiro luns, 24 de abril. A noticia era moi esperada en Culleredo e responde a unha reivindicación de case unha década por parte do Concello e dos veciños ante a saturación do actual centro de Acea de Ama.
O Concello de Culleredo desenvolveu as pasadas dúas semanas unha iniciativa dirixida ao alumnado de 2º da ESO coa materia optativa de "Hábitos saudables" no instituto de educación secundaria Eduardo Blanco Amor. Foi denominada o "Desafío saudable" e buscou inculcar os valores necesarios para que leven a cabo estilos de vida saudable.
O Concello de Culleredo e AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) conmemorarán o Día Mundial do Linfoma , o próximo 15 de setembro, cun programa especial na emisora municipal de radio co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade.
O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.
Os pequenos cullerdenses aprender a lavarse correctamente as mans. Trátase do proxecto denominado "As túas mans salvan vidas" desenvolvido polo Concello de Culleredo desde a área de Sanidade.
O Concello de Culleredo e ADICAE organizan unha charla-obradoiro, co apoio da Asociación Mestura, baixo o título “Cómo reclamar ante un problema de consumo- defende os teus dereitos”. A actividade terá lugar o xoves 17 de setembro ás 17:00 horas na Sala Municipal Pintora María Cagiao de Vilaboa.
O Concello de Culleredo e a asociación AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) organizan mañá con motivo do XII Día Mundial do Linfoma distintas actividades de sensibilización.
ALMA, Apoio á Lactación Materna celebrou o sábado a súa I Xornada sobre Alimentación Infantil, que se impartiu no Pazo de Vila Melania en Culleredo, coa colaboración do Concello, logrando un cheo total.
O Concello de Culleredo leva a cabo esta semana o "Proxecto Salvavidas" promovido por Alcer Culleredo. Son unhas xornadas de concienciación e información cidadá orientadas aos alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Estas xornadas desenvolveranse até este venres da man da asociación Alcer Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER