Os pequenos cullerdenses aprender a lavarse correctamente as mans. Trátase do proxecto denominado "As túas mans salvan vidas" desenvolvido polo Concello de Culleredo desde a área de Sanidade. A campaña execútase celebrando o Día Mundial do Lavado de Mans (15 de outubro).
As actividades están dirixidas á poboación escolar e pretenden concienciar do poder das súas mans para previr enfermidades. Un lavado de mans ben feito e coa frecuencia idónea evita unha chea de infeccións de transmisión dixestiva, nalgúns casos moi graves, e cando menos epidémicas que poden afectar a familias e aulas enteiras.
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, indica que a campaña profunda nun hábito "que se dá por asentado e por xa sabido, cando precisamente é necesario formar para realizalo correctamente e non abandonalo".
A campaña arrincou o xoves no CEIP Sofia Casanova dirixido aos 48 alumnos de 4º de primaria coa técnica de lavado de mans. Foi dirixida por unha psicopedagoga da área municipal de Benestar Social e por persoal voluntario.
Os rapaces de 9 e 10 anos foron pasando en grupos con eles polos lavabos do centro para ensinarlles a técnica correcta do lavado de mans con auga e xabón tras a explicación previa a través dunha canción de moda e un baile.
Nas próximas semanas levará a cabo nos seguintes centros:
O alcance desta actividade preventiva será pois en primaria de 176 alumnos e alumnas de 9 a 10 anos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER