Sanidade

Día Mundial da Saúde Mental

Fecha : 
10/10/2012 - 19:00 - 21:00

Culleredo e a Asociación Bipolar de Galicia informarán no paseo marítimo sobre o trastorno bipolar

O mércores, 10 de outubro, no Paseo Marítimo do Burgo, en horario de 17.00 a 19.00 horas, o Concello de Culleredo e a Asociación Bipolar de Galicia (ASBIGA), levaran a cabo unha xornada informativa sobre o trastorno bipolar, unha enfermidade pouco coñecida pola poboación, que está salpicada de falsos mitos, como ocorre na meirande parte de enfermidades psíquicas.

O Concello e Parkinson Galicia abren a inscrición para as actividades de mellora da enfermidade

Desde o próximo luns 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para a actividade de fisioterapia e logopedia que a Asociación Parkinson Galicia, en convenio co Concello de Culleredo, veñen desenvolvendo desde o ano 2010. Para inscribirse, os interesados poden facelo a través do teléfono de Sanidade de Culleredo: 981.654570, ou ben da asociación de Parkinson: 981.241100.

O Concello de Culleredo informa hoxe sobre a “letra pequena” das hipotecas

O Concello de Culleredo organiza hoxe, mércores 26 de setembro, no Pazo de Villa Melania, en Vilaboa, unha xornada informativa sobre a "letra pequena" das hipotecas. A acción enmárcase nas políticas de información ao consumidor que está a emprender o goberno local.

Charla sobre hipotecas

 

 

cartel

 

Culleredo analiza o traballo contra a explotación sexual de mulleres na comarca

O martes 25 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Vila Melania unha charla informativa con motivo do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres. Na charla, que terá por título: “Apoiamos ou consentimos?”, participarán distintas ONGs implicadas no apoio ás vítimas e a denuncia de prácticas abusivas.

Doa sangue no Burgo

 

A unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia visitará Culleredo o vindeiro mércores 26 de setembro. Estará situada na praza de Europa, no Burgo, en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Celebración do Día Mundial do Linfoma en Culleredo con xornada e mesa informativa

O Concello de Culleredo e a asociación AEAL conmemoran esta semana o Día Mundial do Linfoma cunha xornada informativa, o xoves 13, en Villa Melania, coa presenza de recoñecidos médicos do CHUAC. Inclúe tamén a presentación de servizos e actividades dirixidas a enfermos de cancro. O venres 14 instalarase unha mesa no paseo marítimo do Burgo para informar aos veciños.

Demostracións e obradoiros de cociña, o xoves 6 no paseo marítimo do Burgo

O Concello de Culleredo recibe esta semana un tráiler dotado de cociña no que se realizarán cursos de formación e showcookings. Será o vindeiro xoves, 6 de setembro, no recinto multiusos do Burgo, no paseo marítimo. Para participar nalgunha das actividades é necesario apuntarse previamente na Concellaría de Consumo ou no propio camión o mesmo xoves.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina