Co obxectivo de promocionar o consumo dos produtos locais e de tempada, o Concello de Culleredo recibe esta semana un tráiler dotado de cociña no que se realizarán cursos de formación e showcookings. Será o vindeiro xoves, 6 de setembro, no recinto multiusos do Burgo, no paseo marítimo.
O Tour Experiencias Galicia, de Galicia Calidade, consta dun camión que aberto ten unhas medidas de máis de 16 metros de longo. No seu interior existen zonas de recepción, terraza para degustación, cociña e un panel informativo retroiluminado.
O Concello de Culleredo informa que para participar nalgunha das actividades que terán lugar ao longo da xornada é necesario apuntarse previamente na Concellaría de Consumo (ben nas oficinas de Costa da Lonxa ou por teléfono). Non obstante, é posible optar ás prazas libres no propio camión o mesmo xoves.
A concelleira de Consumo, Rocío Sampedro, sinala que con esta iniciativa o Concello pretende "favorecer ou consumo local, os produtos de tempada porque todo iso garante a preservación do ambiente e a sustentabilidade económica e cultural". Sampedro chama á reflexión de pensar, á hora de comprar un produto, na súa procedencia: "Todos os nosos xestos e opcións diarias afectan non so a nosa vida, senón tamén a vida doutras persoas".
"É fundamental educar e mobilizar a sociedade, e en especial as xeracións mais novas,para cambiar vos hábitos de consumo, volvéndonos máis críticos, esixentes e responsables", sinala, e con estes obxectivos traballa a Concellaría de Consumo.