Seguindo na liña de traballo da Concellaría de Consumo do Concello de Culleredo de informar e orientar aos cidadás sobre os produtos bancarios que condicionan a vida económica familiar da meirande parte das familias, e de como afrontar cando xurden problemas con eles, o punto de información ao consumidor do Concello organiza a seguinte actividade:
- Xornada informativa: “A contratación de hipotecas, a súa renegociación e a dación en pago”
- Mércores 26 de setembro, ás 19:30 horas no Pazo de Vilamelania
- Relatoras: Verónica Pazos Sánchez, técnica de consumo da asociación ADICAE, e Isabel González Gil, asesora xurídico-social do Plan Coordinador de servizos sociais do Consorcio As Mariñas
Ao departamento de consumo de Culleredo, nos últimos meses, chegaron solicitudes de información de moitos veciños e veciñas sobre os detalles na contratación e renegociación de hipotecas, detectándose un profundo descoñecemento da “letra pequena”. Esta circunstancia foi motivo polo que se plantexou a necesidade dunha xornada que tivera como finalidade clarexar todas aquelas dúbidas que os asistentes poidan ter.
A xornada é aberta é gratuíta.