Con motivo do Día Mundial do Cancro, o vindeiro día 4 de febreiro, a Concellaría de Sanidade, no marco do convenio que o Concello de Culleredo ten coa Asociación Española de afectados por linfoma, mieloma e leucemia (AEAL), invita aos cidadáns a participar na actividade "Formación en cáncer 2.0".
O Concello de Culleredo desenvolverá obradoiros de promoción da alimentación saudable entre o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Blanco Amor. Ten como obxecto o fomento dunha alimentación sá entre a poboación xuvenil. As actividades realizaranse entre o 14 e o 23 de xaneiro para 1º da ESO, e entre o 20 e o 28 de febreiro para os de 2º. Da iniciativa beneficiaranse 375 alumnos.
A Concellaría de Sanidade inicia o 14 de xaneiro un grupo de apoio dirixido a persoas con depresión. Esta iniciativa ten como finalidade a mellora da súa calidade de vida. A actividade terá lugar os segundos e cuartos luns de mes, en horario de 17:30 a 19:00 horas, e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981.654570.
A Asociación ANHIDACORUÑA de persoas con TDAH, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, celebrará o vindeiro día 15 de decembro, ás 12.00 horas, e no Conservatorio profesional de música de Culleredo, o seu I Festival de Nadal. A actividade, un festival de variedades, será desenvolvida polos propios alumnos e alumnas e pais e nais da asociación. Eles serán os artistas con panxoliñas, bailes e actuacións de humor. Contarase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do propio Conservatorio.
O punto municipal de información ao consumidor de Culleredo colaborará coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (Adicae), na presentación do seu documental “Mis ahorros, su botín”. A presentación da cinta terá lugar na Sala de audiovisuais do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o día 29 de novembro, ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta.
O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de técnicas para persoas dependentes e para os seus familiares. Terá lugar o 30 de novembro no Pazo de Vila Melania en horario de 9:30 a 13:30 horas. Para participar é necesaria a inscrición previa no departamento municipal de Sanidade, no teléfono 981.654570.
O día 24 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, no salón de actos do Conservatorio, desenvolverase a xornada formativa: “A integración sensorial no Síndrome X-Fráxil”. A xornada está organizada pola Asociación galega da síndrome X-fráxil (Agaxfra), asociación que naceu no Concello de Culleredo, e contará coa colaboración do departamento municipal de Sanidade.
O Concello de Culleredo inicia un programa conxunto coa “Asociación de ayuda a familias de drogodependientes” (Adafad) para loitar contra as adiccións nos menores e adolescentes da casa. Un ciclo de charlas servirá para a prevención destas condutas nos diferentes ámbitos de actuación. Estas charlas terán carácter aberto e gratuíto.
O Concello de Culleredo informa de que a asociación cullerdense Alma, coa que colabora en materia de sanidade, cambia a ubicación dos servizos ao novo Centro social de Fonteculler, situado na praza de Castelao. Alma ofrecerá alí grupos de apoio de lactancia e grupos de apoio á crianza, que constitúen un novo espazo de encontro das familias no que poder compartir dúbidas, experiencias e inquietudes.
Baixo o título: “Estouno deixando”, o Concello de Culleredo, en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo, desenvolverán unha xornada de sensibilización sobre o tabaquismo. Terá lugar en Villa Melania, o venres 26 de outubro, ás 19:00 horas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER