O Concello inicia un servizo de apoio ás persoas con depresión

O Concello de Culleredo inicia o 14 de xaneiro un grupo de apoio dirixido a persoas con depresión. Esta iniciativa ten como finalidade a mellora da súa calidade de vida.

Como obxectivos mais específicos, preténdese prestar un apoio psicosocial a aquelas persoas que se atopan nunha situación anímica desfavorable, e proporcionarlles habilidades sociais e persoais que lles permitan afrontar con maior positividade as actividades da vida diaria. O apoio mutuo e as experiencias individuais, serán as claves metodolóxicas que se aproveiten para o traballo nas sesións.

A actividade, dirixida e conducida pola técnica municipal María Teresa Etchevers Lemus, terá lugar os segundos e cuartos luns de mes, en horario de 17:30 a 19:00 horas, e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo. Terá un carácter permanente e aberto, neste senso, as persoas participantes poderán deixar o grupo cando melloren a súa situación, e deste xeito deixar a praza a outra persoa que o necesite. A capacidade inicial está prevista para 15 persoas como máximo, podendo dar cabida no ano a 20 persoas.

As persoas interesadas nesta actividade poden chamar ao teléfono 981.654570. Na actualidade hai algunhas prazas vacantes.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina