Con motivo do Día Mundial do Cancro, o vindeiro día 4 de febreiro, a Concellaría de Sanidade, no marco do convenio que o Concello de Culleredo ten coa Asociación Española de afectados por linfoma, mieloma e leucemia (AEAL), invita aos cidadáns a participar na actividade "Formación en cáncer 2.0", que desenvolve o Grupo Español de Pacientes de Cáncer (GEPAC), do que AEAL forma parte.
O acceso a unha información rigorosa e comprensible faise imprescindible para a mellora da calidade de vida en pacientes con cancro e nos seus familiares, ademais capacítaos tamén para a toma de decisións.
As actividades, que están organizadas e dirixidas aos afectados e afectadas dun cancro, e que poderán seguirse desde a casa polas webs www.gepac.es/dmcc2013/ e www.culleredosanidade.org, son un conxunto de 12 seminarios online que se desenvolverán entre o 4 e 8 de febreiro. As temáticas a tratar, coas correspondentes datas e horarios son as seguintes:
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER