A Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo desenvolverá uns obradoiros de promoción da alimentación saudable dirixidos ao alumnado de 1º e 2º de ESO. A actividade foi solicitada polo Centro de educación secundaria IES Blanco Amor, e ten como obxecto o fomento dunha alimentación sá entre a poboación xuvenil, ademais da prevención da aparición de trastornos alimenticios como a anorexia e a bulimia, trastornos mais frecuentes en idades adolescentes.
As actividades realizaranse entre o 14 e o 23 de xaneiro para 1º da ESO, e entre o 20 e o 28 de febreiro para os de 2º. Da iniciativa beneficiaranse 375 alumnos e alumnas, e a docencia será impartida por unha especialista en nutrición e dietética.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER