O Concello de Culleredo inicia un programa conxunto coa “Asociación de ayuda a familias de drogodependientes” (Adafad) para loitar contra as adiccións. O obxectivo consiste en abordar e tratar unha serie de estratexias para que as familias cullerdenses podan poñer en práctica e evitar o trastornos adictivos nos menores e adolescentes da casa.
Para iso, a Concellaría de Sanidade que dirixe Rocío Sampedro organiza, xunto con Adafad, un ciclo de charlas que servirán para a prevención destas condutas nos diferentes ámbitos de actuación. O programa abarca desde a comunicación e autoridade ata a resolución de conflitos ou a visibilidade das drogas.
Estas charlas terán carácter aberto e gratuíto. Desenvolveranse en distintos puntos do concello para facilitar a asistencia dos veciños. O ciclo, con datas e lugares, componse das seguintes xornadas:
A concelleira de Sanidade aposta por incrementar as colaboracións do Concello con asociacións expertas en distintas materias de ámbito social para por en práctica servizos “moi necesarios” para moitos veciños. Neste senso apunta como “crave” o manexo de estratexias nas familias que permitan evitar adiccións nos mozos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER