Baixo o título: “Estouno deixando”, a Concellaría de Sanidade de Culleredo, en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo, desenvolverán unha xornada de sensibilización sobre o tabaquismo. A Xornada terá lugar no Pazo de Villa Melania, o vindeiro 26 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é aberta a todo o público, especialmente a fumadores e fumadoras que se plantexaron algunha vez deixar o tabaco.
Esta xornada está encadrada nas medidas de traballo prioritario do departamento municipal de Sanidade vinculadas á promoción de estilos de vida saudables. Na actividade informarase aos presentes das distintas alternativas de deshabituación tabáquica.
Para iso contarase con: Fernando Molina Nieto, Santiago Suárez Pita, neumólogo e psicólogo respectivamente da Asociación Española Contra o Cancro de A Coruña (AECC); Berta Gómez Tato, responsable do Plan Galego de Promoción da Vida sen Tabaco da Xunta de Galicia en A Coruña; e Maika Ferreño, ex fumadora cullerdense e gañadora do concurso “O gran camiño”, promovido pola TVG e a USC.
A xornada estará presidida pola concelleira de Benestar Social e primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, e por Cristina Arrue, presidenta da Xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER