Culleredo e asociación Alma desenvolven grupos de apoio á lactancia e crianza

O Concello de Culleredo informa de que a asociación cullerdense Alma, coa que colabora en materia de sanidade, cambia a ubicación dos servizos que veñen prestando no municipio desde o ano 2008. Do Centro social de Costa da Lonxa pasan a desenvolverse no novo Centro social de Fonteculler, situado na praza de Castelao da localidade.

Alma e a Concellaría de Sanidade de Culleredo ofrecerán alí as seguintes iniciativas:

  • Grupos de apoio de lactancia, dirixidos a embarazadas e nais e pais. Estes grupos desenvolveranse os primeiros e terceiros mércores de cada mes, en horario de 18:00 á 20:00 horas.
  • Grupos de apoio á crianza, que constitúen un novo espazo de encontro das familias no que poder compartir dúbidas, experiencias e inquietudes sobre a crianza dos seus fillos e fillas menores de 5 anos. As sesións desenvolveranse os segundos e cuartos mércores de cada mes, en horario de 18:00 a 20:00 h. Para esta actividade é necesaria a inscrición previa.

En ambas actividades son benvidos as nais e pais acompañados cos menores.

Mais información na web: almalactancia.blogspot.com, ou contactando con Alma a través da dirección de correo electrónico almalactancia@gmail.com
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina