A Asociación ANHIDACORUÑA de persoas con TDAH, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, celebrará o vindeiro día 15 de decembro, ás 12.00 horas, e no Conservatorio profesional de música de Culleredo, o seu I Festival de Nadal.
A actividade, un festival de variedades, será desenvolvida polos propios alumnos e alumnas e pais e nais da asociación. Eles serán os artistas con panxoliñas, bailes e actuacións de humor. Contarase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do propio Conservatorio.
Esta primeira edición do festival vai dirixida aos socios e tamén para todas as persoas que queiran coñecer como funciona a asociación ou teñan gañas de colaborar.
As persoas que acudan deberán vir provistas de alimentos non perecedoiros que serán doados con posterioridade á entidades do Concello de Culleredo para ser distribuídas, fomentando deste xeito tamén, a solidariedade entre os asociados e asociadas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER