Celebración do Día Mundial do Linfoma en Culleredo con xornada e mesa informativa

Aínda que cada ano diagnostícanse no mundo 350.000 novos casos de linfoma, segundo os datos da Asociación linfoma, mieloma e leucemia (AEAL), so o 16% da poboación  sabe que padece este tipo de cancro. Esta patoloxía, un conxunto de enfermidades neoplásicas do sistema linfático, ten uns síntomas facilmente confundibles con outras enfermidades, como a gripe ou a mononucleose. Coñecer a sintomatoloxía –febre, cansancio, perda e inflamación dos ganglios– favorece, ademais dun diagnóstico precoz, unha resposta mais eficaz e unha mellora substancial do pronóstico.

De feito, na actualidade, e grazas ao avance nos tratamentos –quimioterapia, radioterapia, inmunoterapia, trasplante de medula ósea e os anticorpos monoclonais– e a coñecida como terapia dirixida, ás taxas de curación do linfoma, son bastante elevadas e está permitindo o establecemento de novos protocolos de investigación para unha abordaxe óptima. Aínda que non existe un rexistro a nivel estatal, extrapolando os datos de diversos países e rexións de Europa, calcúlase que en España diagnostícanse mais de 6.000 casos novos cada ano de linfoma.

Un ano máis, e co obxetivo de aumentar o coñecemento e información sobre esta enfermidade, e previr a aparición do cancro, a  AEAL, baixo o lema “Recoñece os síntomas: anticípate ao cancro, e co apoio do Concello de Culleredo serán os encargados en Galicia de organizar os actos do Día Mundial do Linfoma.

Para tal fin, están previstas en Culleredo as seguintes actividades:

Xoves 13 setembro

1ª parte: Xornada informativa no Pazo de Vilamelania, ás 19 horas. Título: “Linfomas: tratamentos e liñas de investigación”. Relatores: Dr. Guillermo Debén Ariznavarreta, médico adxunto do Servizo de hematoloxía e hemoterapia do CHUAC e Dr. Rubén Vázquez Fernández,  médico adxunto do Servizo de hematoloxía e hemoterapia do CHUAC.

2ª parte: Presentación dos servizos e actividades para pacientes que padecen calquera tipo de cancro e familiares no Pazo de Vilamelania, no Pazo de Vilamelania ás 20:30 horas. Relatores: representantes de AEAL e de GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer)

Venres 14 de setembro

Mesa informativa no Paseo Marítimo de O Burgo, dirixida á toda a comunidade. Horario: de 16:00 a  20:00 h


Sobre AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma e Leucemia

AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma y Leucemia, foi constituída por pacientes, o 8 de outubro de 2002 e desde decembro de 2006 é unha asociación declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior. Os obxectivos de AEAL son a formación, información e apoio aos afectados por enfermidades oncohematolóxicas. A súa sede social atópase no Concello de Culleredo.
 
 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina