O Concello de Culleredo pide á Xunta maior apoio aos veciños na apertura do centro de saúde do Portádego

O Concello de Culleredo recibiu na mañá de hoxe a comunicación oficial da Xunta de Galicia anunciando a apertura do novo Centro de Saúde do Portádego para o vindeiro luns, 24 de abril. A noticia era moi esperada en Culleredo e responde a unha reivindicación de case unha década por parte do Concello e dos veciños ante a saturación do actual centro de Acea de Ama.
 
A decisión da Xunta para a distribución dos usuarios non seguiu finalmente un criterio xeográfico. Consistiu nunha repartición dos facultativos, de tal forma que os pacientes que teñen asignados serán atendidos no centro en cuestión onde traballe cada médico.
 
Isto poderá xerar situacións de veciños coa súa vivenda máis preto dun dos centros pero que terá que desprazarse ata o outro para recibir a atención. Estes usuarios teñen a posibilidade de solicitar o cambio de médico para un da dependencia que lles interese xeograficamente.
 
Segundo explica Sanidade no escrito, porá a disposición da cidadáns información para "a realización dos cambios consonte ao dereito dos usuarios á libre elección de centro ou profesional sanitaria". Tamén avanza que ofrecerá trípticos informativos da carteira de servizos de atención primaria no municipio.
 
O Concello de Culleredo considera que é necesario un maior asesoramento e apoio aos usuarios para facilitarlles ao máximo esta posibilidade de cambio. Por iso pide á Xunta que tome medidas para dar cumprida e detallada información aos veciños e apoiar na realización do  trámite necesario para o cambio.
 
O alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, mantiveron o pasado decembro unha reunión con Sanidade na que xa trasladaron a necesidade do envío de escritos a todos os veciños para informarlles puntualmente do proceso. O goberno municipal apostaba por distribuír os usuarios tendo en conta as conexións do transporte, xa que o novo centro será máis accesible para Fonteculler ou Vilaboa, mantendo a posibilidade de manter o médico de cabeceira a quen o desexase.
 
Sacristán sostén que é "imprescindible" que a Xunta "dea todas as facilidades aos cidadáns" na apertura do segundo centro de saúde. O alcalde destaca que a súa apertura é moi necesaria pero que se require agora un traballo para evitar molestias e incomodidades aos veciños.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina