Culleredo promociona esta semana a donación de órganos e tecidos entre os adolescentes

O Concello de Culleredo leva a cabo esta semana o "Proxecto Salvavidas" promovido por Alcer Culleredo. Son unhas xornadas de concienciación e información cidadá orientadas aos alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Estas xornadas desenvolveranse até este venres da man da asociación Alcer Culleredo, unha entidade sen ánimo de lucro de loita contra as enfermidades de ril.

A concelleira de Sanidade, Penélope López, explica que o obxectivo desta campaña é a "concienciación desde a mocidade" das accións solidarias no ámbito da saúde e no marco das actividades escolares culleredense. A actividade levará a cabo no IES Universidade Laboral por profesionais de Alcer así como por voluntarios trasplantados. Con esta iniciativa chegarase a 260 alumnos e alumnas de bacharelato que levarán a información tamén para promocionar dentro das súas familias.

Culleredo e Alcer Coruña levan varios anos realizando estas actividades de concienciación e en palabras do responsable e docente das xornadas deste ano 2015, Carlos Iglesias, a aceptación dos mozos é inmellorable, mesmo en campañas anteriores realizadas con nenos de primaria, "levámonos unha grata sorpresa coa súa sensibilidade; vivimos nun país solidario".

A iniciativa enmárcase dentro do programa de "Educación para a vida saudable" da Concellaría de Sanidade, en concreto dentro das accións de promoción da solidariedade en saúde. "Queremos promover que os mozos cullerdenses sexan máis solidarios, e neste caso en concreto, a sensibilización coa doazón de órganos e tecidos para que se poidan converter en potenciais doantes de órganos", explica a concelleira.

Ademais, o docente destaca o traballo de fondo que supoñen estas campañas, son -di- un investimento a longo prazo. As charlas teñen unha duración de 50 minutos por grupo e enmarcaranse como parte das actividades extraescolares dos mozos e mozas de bacharelato.

Para quen desexen máis información sobre como facerse doante de órganos poden contactar con Alcer a través da súa páxina web (www.alcercoruna.org), de Facebook (alcer.coruna) ou a través do teléfono 981 29 87 59.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina