O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.
A unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará esta semana tres días en puntos concorridos do municipio. O calendario é o seguinte:
VILABOA. MÉRCORES 27 de XULLO
Unidade móbil diante da oficina de Abanca: 15.30 - 21.00 horas
O BURGO. XOVES 28 de XULLO
Unidade móbil na Praza Europa: 9.30 - 14.30 e 16.00 - 21.00 horas
FONTECULLER. VENRES 29 de XULLO
Unidade móbil ao carón do quiosco: 15.30 - 21.00 horas
O Concello quere facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Culleredo conta con 2.911 doadores e doadoras censados, que realizaron 12.590 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidad móbil en 1994.
Grazas ás doazóns de sangue, cada día os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.
Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón.
Non acudas sen almorzar. Non esquezas traer a tarxeta de doador, DNI ou documento similar. Se estás tomando ou tomas algún medicamento anota o nome nun papel ou leva o prospecto.
Máis información na web (http://ctg.sergas.es) e no teléfono 881546900
Neste verán os enfermos ingresados nos hospitais non toman vacacións e dependen da vosa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER