ALMA, Apoio á Lactación Materna celebrou o sábado a súa I Xornada sobre Alimentación Infantil. Para o encontro contou coa presenza de Julio Basulto, recoñecido nutricionista e defensor do coñecemento científico como antídoto contra os mitos sen fundamento sobre a saúde e o benestar. É ademais autor de varios libros de referencia.
A xornada constou de dous destacados eventos impartidos por Julio Basulto. Pola mañá celebrouse unha conferencia no Centro Comercial Espazo Coruña baixo o título de "Alimentación Infantil Saudable", e xa pola tarde o taller "A Alimentación Complementaria: Do leite aos sólidos", que se impartiu no Pazo de Vila Melania en Culleredo, coa colaboración do Concello, logrando un cheo total.
ALMA, Apoio á Lactación Materna é unha asociación apoiada polo Concello de Culleredo e formada por nais cuxa principal función a realizan nos Grupos de Apoio á Lactación, reunións que serven de encontro a familias con dúbidas e diferentes experiencias non só en lactación, senón en soño, porteo e alimentación complementaria principalmente.
Ademais, dentro dos seus obxectivos estatutarios, organizan actividades de difusión e divulgación relacionadas coa Lactación Materna. Nesta última liña de actuación encádrase esta xornada.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER