O Concello de Culleredo e a asociación AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) organizan con motivo do XII Día Mundial do Linfoma , o 15 de setembro, distintas actividades:
Tertulia radiofónica en Radio Culleredo ás 12:45h, na que intervirán: Patxi Hurtado, Delegado en Galicia da Asociación (AEAL); Richard López Galán, expaciente de leucemia; Pilar Galán Trigo, nai de expaciente con leucemia; Guillermo Debén Ariznaverreta, hemotólogo del CHUAC.
Mesa de sensibilización da poboación no Paseo Marítimo do O Burgo, ó carón do parque infantil, ás 17.30h.
Culleredo e AEAL contan cun convenio de colaboración dende o ano 2011, que ten por obxecto o apoio psicosocial de persoas con calquera tipo de cancro e dos seus familiares. Froito dese convenio, desenvólvense no Concello un grupo de apoio mutuo. O grupo está dirixido por un psicólogo especializado e reúnese todos os primeiros e terceiros xoves de mes no Centro de Servizos Sociais de Vilaboa.
Para participar no mesmo pódese facer vía telefónica, chamando ao teléfono do departamento municipal de sanidade de Culleredo 981654570, ou mandando unha mensaxe a dirección de correo electrónico: fj.hurtado@aeal.es.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER