O Concello de Culleredo emprende unha nova acción de cara a traballar a política sanitaria entre a cidadanía. O próximo venres 30 de Setembro terá lugar ás 19.00 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, o I Seminario sobre o Trastorno de déficit de Atención e/ou Hiperactividade, promovido pola Concellaría de Sanidade e a asociación ANHIDACORUÑA.
A concelleira de Sanidade, a nacionalista Rocío Sampedro, sinala que o acto proponse coas miras postas nos pais e nais de nenos e nenas afectados por algún tipo de trastorno de conduta en idade escolar, pero amósase “convencida” do interese que garda para os profesionais sanitarios, do ámbito educativo e en xeral para toda a cidadanía.
O programa do seminario é o seguinte, estruturado en 3 bloques:
1ª PARTE: INFORMACIÓN SANITARIA SOBRE O TDAH
Definición
Posíbeis causas
Síntomas fácilmente detectábeis na escola
Diagnóstico
Evolución e tratamento
Intervención familiar e escolar
Docente: Dna Elvira Ferrer Vázquez, Vicepresidenta de ANHIDACORUÑA e Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Máster en Dirección médica e Xestión Clínica, e Máster en Bioética. Experta Universitaria en Promoción da saúde.
2ª PARTE: O CONCEPTO DE DIVERSIDADE. INTERVENCIÓN NO CENTRO EDUCATIVO
Quen está incluído no concepto de diversidade?
Medidas de atención á diversidade (ordinarias e extraordinarias) que ofrece o sistema educativo
Docente: Berta Pérez Sánchez, Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía, Orientadora escolar e docente no grupo de traballo sobre TDAH no CEIP Sofía Casanova de Culleredo. Docente no curso sobre intervención educativa con TDAH (Forem Galicia) e nos Talleres de apoio para nenos e nenas de educación primaria e secundaria afectados con TDAH promovidos pola Fundación Mª José Jove e ANHIDACORUÑA.
3ª PARTE: QUENDA DE PREGUNTAS ESCRITAS