O Concello prevé concluir en novembro a construción do novo centro social de Castro

A construción dun novo centro social en Castro (Vilaboa), que acomete o Concello de Culleredo, entra na súa recta final. Na obra xa se pode observar que o inmoble está levantado, restando practicamente a instalación dos xogos infantís no exterior e a dotación do mobiliario que require unha dependencia destas características.

O goberno local que preside Julio Sacristán estima que se os traballos continúan desta forma, o centro social sexa unha realidade o próximo mes de novembro. O alcalde sinala que o ritmo da obra é bo e confía en que os residentes poidan utilizar a instalación nun breve prazo de tempo.

O novo centro social municipal que dará servizo aos veciños do núcleo de Castro, que demandaban a existencia na zona dun equipamento de carácter público. O centro completará as instalacións que dispón na mesma zona dun parque infantil e unha pista deportiva cuberta, de recente construción.  

Sacristán, explica que a dependencia nace coa necesidade de dar un servizo de carácter cívico aos veciños, cunha dotación que completase o conxunto de equipamentos da zona. A idea da proposta consiste en aloxar nun edificio sinxelo e flexible os múltiples usos que se poidan levar a cabo organizados tanto polos veciños como polo propio Concello a través dos diferentes programas que desenvolve ao longo do ano.

Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. A nivel da pista deportiva, contará cun soportal para usos múltiples, posibilitando dar servizo aos distintos eventos que se realicen na contorna. Na parte que dá co parque infantil crearase un salón social cos seus espazos servidores, idóneo para as actividades pero tamén como lugar de reunión dos residentes nas proximidades do centro.

Distintos almacéns, un para artigos deportivos, aseos e outros espazos auxiliares completan a instalación municipal. Ademais o centro caracterizarase por unha variedade de espazos exteriores que permitirán un uso aberto nas épocas estivais.  

O investimento na construción deste novo centro social supera os 260.000 euros. Coa realización da actuación, o Concello dotaría ao núcleo de Castro dun conxunto de equipamentos dos que carecía. Ao investimento no centro hai que sumar a empregada en construción da cuberta da pista polideportiva, realizada en 2009 cun montante doutros 240.000 euros.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina