O goberno local de Culleredo, consciente da imperiosa necesidade de doazóns de sangue, fai un chamamento aos veciños para que colaboran nas campañas que se realizan no municipio. A primeira tenente de alcalde e a concelleira de Sanidade, as nacionalistas Raquel Jabares e Rocío Sampedro, quixeron poñer o seu grao de area contribuíndo ás doazóns.
As dirixentes acercáronse a primeira hora da tarde de onte á unidade móbil de transfusións, sita na praza de Europa do Burgo, para realizar a doazón. “Todos sabemos da necesidade de doar sangue, é un acto sinxelo pero que pode axudar a moita xente polo que debemos concienciarnos de que é case unha obriga colaborar”, sinalou Jabares.
Pola súa banda, a concelleira de Sanidade lembrou que a necesidade de sangue, en un momento dado, pode afectar a todos, polo que pediu a “máxima participación” nas campañas de doazón.