Culleredo participará nun proxecto formativo con municipios de Suecia, Croacia e Polonia

O Concello de Culleredo participará no Plan de Formación Planet, enmarcado nunha colaboración da Deputación da Coruña con entidades locais de Suecia, Croacia e Polonia. O goberno local que preside Julio Sacristán considera que o proxecto supón unha oportunidade para mellorar a planificación de proxectos de calidade e permite o establecemento de alianzas en ámbitos de máximo interese para Culleredo.

Os socios de Culleredo nesta iniciativa serán: a Asociación Municipal de Norboten (Suecia), a Asociación Polaca de Cidades, a Asociación Democracia Local de Verteneglio (Croacia) e o SERN (Sweaden Emilia Romagna Network), líder do proxecto. O Plan de Formación Planet incluirá unha serie de seminarios de formación que se centrarán na xestión de proxectos, especialmente no que se refire a programación e deseño.

A propia iniciativa contemplaba a adhesión a varias posibilidades de ámbitos de actuación, en función das necesidades e intereses do Concello. O equipo de goberno elixiu a área de envellecemento activo e a área de estratexias de desenvolvemento local rural.

Coa primeira, o Concello quere promover programas que propicien unha colaboración activa dos maiores á sociedade a través de servizos de voluntariado, a obtención dunha vida laboral máis longa e o fomento de estilos de vida saudables. En canto ao desenvolvemento local, este ámbito axudará a programar estratexias de promoción de produtos locais, fomento do turismo e capacitación dos agricultores e gandeiros en habilidades de carácter empresarial.

O goberno municipal entende que as dúas áreas encerran oportunidades por desenvolver na actualidade. O Concello aposta por un rol activo dos maiores na sociedade cullerdense e polo aproveitamento das capacidades agrícolas e gandeiras do espazo rural do municipio.

Nas accións formativas, abordaranse os retos que supón cada unha das fases da elaboración dun proxecto. Desta forma, xeraranse as condicións oportunas para unha efectiva e compartida planificación entre os socios do plan de formación.

O pleno da corporación, celebrado o xoves 24 de novembro, aprobou a adhesión do Concello a esta iniciativa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina