O Concello destina o Plan de Obras 2012 a renovar camiños, saneamentos e abastecementos

O Concello de Culleredo aposta por dedicar os principais investimentos de cara ao ano 2012 aos servizos básicos para os cidadáns. O grupo de goberno que dirixe Julio Sacristán presenta un Plan de Obras e Servizos para o ano 2012 centrado na renovación de abastecementos de auga, infraestruturas viarias e provisión de rede de sumidoiros.

A firme aposta do Concello por investir en mellorar estes equipamentos demóstrase coa decisión de só aproveitar o 30% do diñeiro que proporcionan a Deputación da Coruña e o Estado para gasto corrente, cando as bases da convocatoria permiten que este límite alcanzase o 60%.

A relación de obras que se executarán no marco deste plan repártense por diversas parroquias do municipio. O Concello analizou as necesidades actuais e optou por incluír as seguintes actuacións:
  • Pavimentación e renovación de auga potable na rúa Mosteiro de Sobrado
  • Pavimentación da rúa Labirinto
  • Pavimentación da rúa Polvorín
  • Pavimentación de Vinseira Grande a Donepedre
  • Saneamento e pavimentación en Os Condes
  • Pavimentación en Boedo
  • Pavimentación de Sésamo a Ledoño por Brimiáns
  • Instalación da rede de rede de sumidoiros en Orro, rúa Joaquín Sorolla, e en Vinseira Grande
A contía destinada a gasto corrente ascende por tanto a 155.000 euros . En total, o plan de obras e servizos alcanza os 491.117,73 euros, dos que 470.994,67 proceden das arcas provinciais e estatais, e o restante das municipais.

Sacristán sinala que a realización de obras de mellora destas infraestruturas foi unha "constante" na acción do goberno local que dirixe. O rexedor sostén que na época económica actual, as administracións deben dedicar as súas "principais esforzos" aos servizos básicos dos veciños.

Neste sentido, na planificación de obras do Concello, nestes días está a executarse a renovación da rede viaria do monte Alfeirán, cuxo firme se fora deteriorando co paso dos anos chegando a dificultar a circulación. Os traballos consisten no asfaltado das rúas Castelao, Álvaro Cunqueiro, Pardo Bazán, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Benito Vicedo e Xosé Neira Vilas.

O Concello tamén emprenderá a mellora do firme no viario de Pena Loureira a Castro. O goberno local solicitou aos veciños que acometan as conexións das súas vivendas coa rede de saneamento, aqueles que estean aínda pendentes, antes de comezar estes traballos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina