A asociación cullerdense ANHIDACORUÑA, en colaboración coa Concellaría de sanidade do Concello de Culleredo, poñen a funcionar uns obradoiros de apoio psicolóxico e psicoeducativo.
A iniciativa pretende traballar cos/as nen@s con trastorno de déficit de atención con/sen hiperactividade a interacción e a participación, a autonomía persoal, ademais de dotar de estratexias para afrontar as carencias e dificultades, potenciando as súas cualidades.
Os obradoiros, eminentemente prácticos, serán impartidos por Javier Estevez, psicólogo experto en TDAH e Berta Pérez, psicopedagoga con experiencia en formación do profesorado en atención ao alumnado con TDAH e terán unha duración de dúas horas semanais.
Iniciaranse o vindeiro día 4 de febreiro no Centro social municipal de Costa da Lonxa en O Burgo.
Os participantes serán agrupados por dificultades similares tendo en conta a idade. Inicialmente realizaranse dous obradoiros tendo en perspectiva formar outros dous grupos:
- Obradoiro 1: os venres pola tarde, en horario de 17:00 a 19:00 horas
- Obradoiro 2: os sábados pola mañá, en horario de 10:00 a 12:00 horas