A asociación cullerdense Alma, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, informan que, a partires do día 8 de febreiro, iníciase unha nova actividade: os obradoiros de Crianza. Esta iniciativa constituirá un novo espazo de apoio ás familias para a aprendizaxe e intercambio de pautas necesarias para a crianza saudable dos nenos e nenas ata os 5 anos.
As sesións desenvolveranse ao longo do ano no local social de Costa da Lonxa, no Burgo, todos os mércores, en horario de 18:30 a 20:00 horas.
Alma e Sanidade de Culleredo informan tamén de que os obradoiros de lactancia, dirixidos a embarazadas e nais e pais, que se desenvolvían dende fai catro anos no Centro de saúde de Acea de Ama, pasan a facerse no local de Costa da Lonxa. A actividade realizarase os primeiros e terceiros martes de cada mes, en horario de 18:00 ás 20:30 horas. O cambio será efectivo desde o día 7 de febreiro.