O Concello de Culleredo introduce a formación en musicoterapia na súa oferta de actividades dados os beneficios que pode traer á saúde. Co obxectivo de proporcionar información e formación sobre técnicas que contribúen á mellora do estado de saúde das persoas, a Concellaría de Sanidade organiza a conferencia: “A musicoterapia como ferramenta para a saúde”.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 29 de febreiro, ás 19:00 horas, no Pazo de Vila Melania, en Vilaboa. Carla López Vázquez será a especialista musicoterapeuta encargada da docencia desta actividade.
A actividade vai dirixida á cidadanía en xeral e, en especial, a aquelas persoas que están a traballar en Culleredo dentro de asociacións prestadoras de servizos sociais, e que teñen como obxecto a mellora da calidade de vida dos seus usuarios e usuarias.