O Concello de Culleredo está a desenvolver o seu I Plan Municipal de Consumo. Os dereitos do consumidor e a tramitación de queixas e reclamacións, son os contidos que a Concellaría de Consumo, dirixida pola nacionalista Rocío Sampedro Díaz, queren potenciar como base para que a cidadanía cullerdense coñeza os procedementos que pode utilizar en caso de necesidade.
Nos vindeiros días o Concello ten organizada dúas xornadas sobre o tema: a primeira terá lugar o día 12 de abril, ás 11:30 horas no Centro social “Sara Vázquez” (Casa Rosa) de O Burgo.
A actividade, aberta a todo o público, lévase a cabo en colaboración coa Asociación de Consumidores Coeticor e a Asociación de mulleres A Xeca, e será impartida pola especialista en materia de consumo Cristina Fuentes Lagares de ACCOETICOR.
Posteriormente, terá lugar o 19 de abril, ás 18:00 horas no local da Sagrada Familia de Vilaboa. A Concellaría daralle continuidade e achegará estas xornadas en próximas datas á zona rural do concello.