O alcalde de Culleredo inaugurou o novo centro social de Castro

O Concello de Culleredo inaugurou o centro social de Castro (Vilaboa), unha dependencia levantada polo goberno local para responder as peticións dos veciños e da asociación cultural do núcleo. O acto inaugural tivo lugar coa presenza do alcalde, Julio Sacristán, e a asistencia de decenas de residentes na zona, que quixeron celebrar a entrada en funcionamento do recinto.

Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. A súa superficie é de 200 metros cadrados e conta cun amplo un salón social cos seus espazos servidores, idóneo para as actividades pero tamén como lugar de reunión dos residentes nas proximidades do centro.

Distintos almacéns, aseos e outros espazos auxiliares completan a instalación municipal, dotada de aire acondicionado e calefacción. O investimento na construción deste novo centro social superou os 260.000 euros, procedentes dos fondos estatais.

Coa realización da actuación, o Concello dota aos núcleos de Castro e Laxe dun conxunto de equipamentos dos que carecía. Ao investimento no centro hai que sumar o empregado en construción da cuberta da pista polideportiva, realizada en 2009 cun montante doutros 240.000 euros.

O alcalde destacou na inauguración que o centro "abre un abanico de posibilidades" para os veciños da zona. "Trátase dun edificio sinxelo e flexible que poderá acoller múltiples usos que se poidan levar a cabo organizados tanto polos veciños como polo propio Concello a través dos diferentes programas que desenvolve ao longo do ano", afirmou.

O centro completará as instalacións que dispón na mesma zona dun parque infantil e unha pista deportiva cuberta, de recente construción. "Será un lugar de encontro magnífico para veciños de todas as idades, concentrando numerosa actividade", comentou.

Sacristán fixo un chamamento para coidar "ao máximo" tanto a nova instalación como a pista polideportiva e animou aos veciños a gozar "todo o que queiran" deste recinto "que é de todos eles".

Concluíu agradecendo a implicación da asociación cultural e da comisión de festas na inauguración, que contou con actuacións musicais e unha churrascada popular.
 
centro social

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina