O Punto Municipal de Consumo do Concello de Culleredo, en colaboración coa Asociación Zocaminhoca, promoven un obradoiro de cociña saudable e responsable. A actividade desenvolverase o xoves, 26 de abril, ás 19:00 horas, na cociña do Centro Ocupacional Municipal A Escada (O Burgo), e contará como relatoras coas integrantes da devandita asociación: Noa Vázquez Rendal, asesora nutricional, e Maite Prego Teiga, cociñeira docente.
Esta iniciativa ten como finalidade a de transmitir hábitos de consumo responsable, e contribuír á promoción de estilos de vida saudables.
A actividade ten un carácter gratuíto. As inscripcións faranse no Punto Municipal de Consumo en Costa da Lonxa-O Burgo, no teléfono 981.654570, ou vía e-mail na dirección
consumo@culleredo.es.