CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN CULLEREDO
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará situada o vindeiro mércores 16 de maio, en horario de 16.00 a 21.00 horas, en Tarrío, fronte á Casa do Concello.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas o emprego das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns, pero precisa a súa colaboración neste esforzo de achegar a información e as facilidades á doazón, sen a implicación de todos e imposible acadar as 500 doazóns de sangue diarias que precisan os nosos hospitais.
O Concello anima a todos os veciños a colaborar con esta campaña.