CULLEREDO INFORMA SOBRE COMO EXERCER OS DEREITOS CIDADÁS EN MATERIA DE CONSUMO
O próximo día 21 de maio, o Departamento de Consumo do Concello de Culleredo, ten organizada unha xornada sobre os dereitos do consumidor e a tramitación de queixas e reclamacións. A xornada terá lugar no Centro social de Sésamo, ás 20:00 horas.
A actividade, aberta a todo o público, lévase a cabo en colaboración coa Asociación de Veciños de Sésamo e a Asociación de Consumidores Coeticor, e será impartida pola especialista en materia de consumo Cristina Fuentes Lagares de ACCOETICOR.
Con esta xornada a concellaría inicia un ciclo de charlas que percorrerá todas as parroquias da zona rural do concello.